A Asociación Carballo Vivo de Friol organiza unha festa de Entroido

A Asociación Carballo Vivo de Friol organiza unha festa de Entroido para o sábado 2 de marzo ás 16:30 horas no seu centro social de Carballo.

Nesta celebración poderase desfrutar do baile de disfraces, ás 17:00 será o percorrido polo concello. E ademais poderán cear ás 22:00 un cocido con produtos de porco celta, e a sobremesa típica deste tempo como orellas, fritos e filloas. A cea terá un prezo de 5 euros socios e 12 os demais.

Etiquetas