As mulleres rurais de Momán celebraran o día 1 o entroido

A asociación de mulleres rurais Saudade de Momán celebrará o entroido o 1 de marzo, venres, a partir das 20.30 horas nas naves do Campo da Feira. Trátase da cuarta edición desta festa que terá como temática xenérica o mundo animal.

Nesta edición haberá novamente concurso de disfraces, xogos populares, photocall, barra e pinchos, todo isto amenizado polo Dúo Venus.

Os interesados en participar deberán anotarse antes do 27 de febreiro.

Etiquetas