O venres arrinca o Entroido no Centro Cultural e Recreativo de Vilalba

O Centro Cutlural e Recreativo de Vilalba celebrará o Entroido a partir do 1 de marzo co sorteo da tradicional cesta de Entroido ás 20.30 horas nunh pequena festa na que se servirán tapas de filloas con cacheira e lacón.

O sábado 2, a partir das 16.30 horas, terá lugar a festa infantil de disfraces que contará con desfile, merenda e sesión de discoteca, todo animado polos monitores de Puzzle.

Ese mesmo día, a partir da medianoite terá lugar o baile de disfraces con premios para os mellores e máis orixinais. A festa estará animada coa actuación de Los Mecánicos.

Etiquetas