Bretoña celebra unha festa infantil de Entroido o 2 de marzo

A Asociación Medioambiental e Sociocultural de veciños de Bretoña celebrará o 2 de marzo unha festa infantil de Entroido no Teleclub da parroquia a partir das 16.00 horas.

Está dirixida a nenos de todas as idades e contará con xogos, música a cargo de Vingolea e agasallos para os mellores disfraces. Rematadas as actividades, haberá unha merenda con biscoito e chocolate.

Os interesados en participar poden anotarse con Daniel, na Xestoría e abonar 5 euros por pequeno.

Etiquetas