Skip to main content
ActualidadeVilalba

O PSOE de Vilalba denuncia que o alcalde é reincidente negando a información que solicita a oposición

Por 28 Febreiro, 2019Sin comentarios

Os socialistas de Vilalba denuncian que o alcalde de Vilalba é reincidente negando á información que solicita o grupo municipal. O PSOE leva máis dun mes agardando a que o Concello aporte a documentación requirida no mes de xaneiro sobre as subvencións para a mellora da accesibilidade na biblioteca municipal e o sistema de vídeo vixilancia no polígono industrial. A voceira socialista, Elba Veleiro, censurou que “non recibimos resposta algunha do rexedor, superando o prazo de contestación, 5 días, que recolle a normativa vixente”.

No 2017, os socialistas xa denunciaron polo mesmo motivo ao alcalde do PP ante o Valedor do Pobo. “Nesa ocasión o señor Baamonde escudouse nun erro administrativo. Esta vez cal vai ser a escusa “dende o PSOE estamos fartos deste escurantismo que practica continuamente o equipo de goberno, dificultando e poñendo trabas a labor de fiscalización do resto de grupos da corporación. O rexedor popular está traspasando os límites democráticos para esconder a súa nefasta xestión dos recursos públicos durante este mandato”.

A voceira socialista subliñou que “esiximos ao alcalde que cumpra estritamente coas súas obrigas e facilite a información que lle pedimos, pois do contrario valoraremos tomar medidas para que este problema non persista. Os veciños non merecen estas faltas de respecto do PP”.