Skip to main content
Sin categoría

Vilalba fará unha campaña obrigatoria para incentivar a implantación do microchip nas mascotas

Por 28 Febreiro, 2019Sin comentarios

Un dos maiores problemas da gran saturación das protectoras é a falta de identificación con microchip dos nosos compañeiros peludos. Lembrar que é obrigatorio por lei, cunha sanción de entre 500 e 5000 euros.

Un microchip é un dispositivo do tamaño dun gran de arroz que se sitúa baixo a pel do pescozo, cun número asociado ao seu propietario a través dunha base de datos. Permite así localizar ao seu propietario a través dos datos que se facilitan nesta base.

Por iso, desde o Concello de Vilalba e Os Peludiños poñen en marcha esta campaña con descontos do 50%, e con todas as facilidades, evitando que ningún peludo quede sen a súa identificación.

Durante o mes de marzo diminuiranse os prezos a 22 euros por microchip, tanto na Clínica Alameda como a domicilio (para o que hai que pedir cita no número indicado a partir do día 1 de marzo).

Non se recollerán animais durante todo o mes. Ao terminarse o prazo establecido as autoridades competentes realizasen controis aleatorios.

Esperamos que teña un resultado positivo e entre todos consigamos diminuír os animais que chegan ás nosas portas