Skip to main content
ActualidadeMuras

Muras acolle unha proxección co gallo do Día Internacional das Mulleres

Por 1 Marzo, 2019Sin comentarios

Co gallo do 8 de Marzo, Día Internacional as Mulleres, un día antes, o 7, proxectarase no Local Social de Muras, ás 19:00, o documental Tecido resistente, dirixido pola xornalista Marina Chiavegatto sobre as traballadoras da antiga fábrica de tecidos de Présaras, mulleres que gozaron dunha independencia inusual no rural de principios do século XX e coas que puido falar. Elas traballaron en Fiados e Tecidos de Vilasantar, factoría preto do río Tambre, que estivo aberta ata que un lume en 1962 destruiuna. A propia xornalista estará na proxección e participará nun coloquio posterior,

Este traballo foi un un dos gañadores do I Premio Luísa Villalta de Proxectos Culturais pola Igualdade convocado pola Deputación da Coruña, que o subvencionou con 18.000 euros.