O Concello de Vilalba pon en marcha un amplo programa cultural para este mes de marzo

O Concello de Vilalba vén de poñer en marcha un amplo programa cultural para este mes de marzo. Comezará coa Mostra de Teatro os días 1, 3, 10 e 16. Esta mostra consistirá na representación de varias obras de teatro, unha por xornada, no Auditorio Municipal Carmen Estévez de Vilalba, con entrada de balde e son aptas para todos os públicos.  A obra do día 3 estará a cargo da Escola Municipal de teatro de Vilalba, a do día 10 da Escola Municipal de teatro de Castro de Rei, e o último día porá en escea a súa obra a Escola Mucicipal de teatro da Pontenova.

O 17 de marzo será a quenda do Circo Boriska, onde haberá un espectáculo misturado con música, baile e humor. É unha actuación adicada aos máis pequenos.

O 23 de marzo chegará o Festival de máns Unidas, onde o grupo municipal celebrará o seu tradicional festival solidario co que pretende recadar fondos para a financiación dun proxecto aínda sen definir.

O 31 de marzo haberá un gran espectáculo, cunha ópera con orquestra en directo Cavallería rusticana e grandes coros de ópera, onde haberá que mercar a entrada previamente ou na taquilla.

Do 1 ao 30 de marzo na Casa da Cultura poderase ver a nova exposición de Adolfina Mesa, Natureza íntima.

O 15 de marzo na Casa da Cultura tamén será a presentación do novo libro de Ticiana Ghiglione Darriba.

Etiquetas