Skip to main content
ActualidadeMuras

O Concello de Muras acomete obras en distintas vías

Por 5 Marzo, 2019Sin comentarios

O tenente de alcalde de Muras, Mario Rouco lembrou que xa están rematadas unha serie de vías do realizadas no concello de Muras cos cartos aportados polo Plan Único da Deputación. Trátase de varios viais e accesos como a senda Coto-Ferrerio, senda da Fraga, senda da Loma, senda Rego da Xestosa, acceso a Penagrande, curral da Carballos, A Baín, o Barral, A Bedille de Abaixo, á estrada do Caneiro, ao Carregal e ao Castro. Para estas obras destiráronse un total de 130.135 euros pero como a maioría das obras saíron á baixa na licitación, cos cartos sobrantes fieron otras obras en viais como as pistas dos Carballás, de Armada de Arriba, en Freán, Vilariño, O Alto, Musdradas, Ponte da Balsa e a pista. que vai da LU-P-3402 a Ñu-P-3406 e a pista do porto da Gañidoira.

Asís mesmo, como lembrou Mario Rouco, están deseñando xa as necesidades neste capítulo para o capítulo do Plan Únido deste ano. “Son tantas as necesidades que ten Muras tras tantos anos cun goberno do PP, que é moi complicado poder compensalo todo agora de forma rápida polo que necesitaríamos uns dez planes para poder atender a todo ao mesmo tempo”.