Skip to main content
ActualidadeGuitiriz

Guitiriz acometerá a renovación total do parque de Sete Muíños

Por 6 Marzo, 2019Sin comentarios

A alcadesa de Guitiriz, Regina Polín, anunciou que o concello acometerá mas próximas datas a renovación do parque infantil de Sete Muíños, unha obra que ronda os 80.000 euros de licitación aínda que pesentáronse con baixas.

O concello, que xa abriu estes días as propostas das empresas para realizar as obras, ten previsto adxudicalas o máis rápido posible para que esta instalación esté rematada a finais do mes que ven.

A obras consistirán na renovación total do parque, que implica non só o cambio de xogos, que foron retirados polo mal estado no que se atopaban, senón también de todo o parque sen cambiar a estrutura inicial.

As obras realizaranse con cargo ao Plan Único 2018.

ESTRADAS

Por outra banda, tamén están para adxudicaras obras de rexeneración de varias estradas das parroquias de Santa Cruz, San Salvador, Os Vilares e Trasparga. Os traballos consistirán na limpeza de cunetas e en botar unha capa de aglomerado en quente. Na maior parte delas están no proceso de abrir os sobres e en rematar o proceso de adxudicación para comerzar en breve, xa que teñen todos os permisos para comezar a execución dos traballos, agás unha que vai con cargo al Plan Marco.

RUTA DE SENDEIRISMO

Dentro do programación de actividades na honra de Rosalía fíxose unha ruta semanal coa que se inaugurou a ruta de sendeirismo do Río Requeixo-Roca. Fixeron a caminata completa, que consta de dez quilómetros e na Capela de Bascuas fixeron unha parada técnica para facer unha lembranza de Rosalía, leuse un poema e tomouse un pequeno refrixerio consistente en fresas e café con torta de millo coa intención de dar pulo a alimentación saudable.

Este novo roteiro percorre dende a Ponte de Roca ata Buriz ao longo do río Requeixo (ou Roca), pasando pola presa de Narla. Trátase dunha  zona de muíños e de rocas no medio do río dunha gran beleza paisaxística que ten unha extensión de dez quilómetros e que ten a denominación de Reserva da Biosfera.

Esta senda aproveitouse para facela os carreiros de pescadores, na marxe esquerda do río. Ademais da adecuación do piso, contémplanse a construción de pontes para pasar á outra beira nas zonas de interese, así como a sinalización e a colocación de paneis ao tratarse dunha zona protexida de flora e fauna.

Esta obra contou cunha achega de 19.000 euros que aporta Rede Natura aos que se suman os 4.000 que aportou o concello. A intención do Concello con esta construcción é  “recuperar a ribeira e protexela”, indica Regina Polín, alcaldesa de Guitiriz.