O entroido de Begonte será o 9 de marzo

O Concello de Begonte celebrará a súa tradicional festa de Entroido o día 9 de marzo, a fin de semana seguinte ao martes de Entroido, tal e como é habitual.

A celebración dará comezo ás 17.00 horas no Pavillón Pavillón Municipal de Baamonde con popular concurso de disfraces, que contará con premios entre os 40 e os 500 euros.

Unha vez finalizado o desfile, que durará ata as 20.30h, terá lugar a festa en familia do entroido, onde os nenos poderán gorzar nos inchables e nos talleres de maquillaxe e globloflexia que o concello ten programados para ese día. Para os adultos está previsto un baile amenizado coa discoteca móvil Eventec. Os nenos que participen no concurso terán churros con chocolate gratis.

As bases e inscricións están dispoñibles na web www.concellodebegonte.es e nas oficinas do Concello. O prazo de inscrición é ata o mércores 6 de marzo, e esta debe facerse na oficina do Concello de Begonte, en horario de mañá, de 09:00 a 14:00 horas, ou  a través da sede electrónica.

Consulta las bases do concurso no seguinte enlace.

Etiquetas