Muras propón dixitalizar as fotos antigas da xente e do pobo

O Concello de Muras ven de poñer en marcha unha nova actividade, na que necesitan toda a colaboración posible para facela realidade.

Propoñen facer unha recollida de fotos antigas, de Muras e das suas xentes ata o ano 1990. No concello copiaranas e dixitalizaranas para construir un bo traballo da historia de Muras e das súas xentes. Ademais de poder expoñelas na seguinte edición da Romaxe.

Para poder facilitalas haberá que achegarse ao concello ou envialas por correo electrónico a fotografiasmuras@gmail.com.

Etiquetas