O Concello de Friol entrega ao Club Atletismo Friol a nova equipación

O alcalde de Friol, José A. Santos, fixo entrega no Pavillón de Deportes da localidade de nova vestimenta para o Club de Atletismo, nesta ocasión acompañado pola concelleira de Deportes, Josefa Janeiro; pola presidenta do Club, Asunción López, e polo adestrador Felipe Barata. As autoridades entregaron os anoraks a todos os membros das categorías de menores do club.

O Club Atletismo Friol conta con máis de 50 nenos e nenas que están competindo por toda a xeografía autonómica e nacional e conta cun amplo abano de deportistas que tiveron representación en diferentes campionatos de España, como María Carballido, Noelia Sánchez, Nerea Lage, Vanesa Branco, Lucía Varela ou Samuel Castedo, todas elas demostraron con fartura o estado de forma do Club, subindo ao pódium na maioría dos campionatos onde participaron.

O alcalde felicitoulles pola implicación que demostran con este deporte, un deporte que precisa dunha dedicación e unha disciplina, ambas demostradas con fartura por todos os compoñentes do club. Tamén puxo a disposición dos deportistas o apoio que desde a Administración local pódelles servir de axuda para o correcto funcionamento do equipo, así como agradeceu o esforzo e o sacrificio das familias dos nenos e nenas que forman parte do club, dado que “sen o apoio familiar non sería posible cosechar os éxitos que este grupo de mozos deportistas con Felipe Barata á fronte están logrando”.

Etiquetas