A Moexmu acollerá unha nova edición do Concurso de Can de Palleiro

O domingo 7 de abril, a comisión organizadora da Moexmu ten prevista a celebración dunha nova edición do Concurso Monográfico de Can de Palleiro, que se consolida no seu programa de actividades. A cita está prevista a partires das 16:30 horas aínda que o labor dos xuíces comenzará media hora máis tarde, no propio Recinto Feiral Manuel Vila López de Muimenta.

Dito concurso está reservado para os cans da mencionada raza, inscritos no Libro de Oríxenes da Xunta de Galicia e maiores de tres meses. Dito concurso é puntuable para o Campionato de Mellor Can de Palleiro en Galicia 2019.

O peche de inscripcións será o 3 de abril, ás 24 horas, tanto no teléfono 629 864 754 e no email: candepalleiro@clubcandepalleiro.com.

Igualmente, continúa aberto o prazo de inscripción do gando a participar no XXXIII Concurso e Exposición de Gando e a XXIII Poxa de Gando Selecto, que se poderá realizar en Africor Lugo.

Etiquetas