Skip to main content
Actualidade

Aberto o prazo para solicitar as axudas para deportistas individuais da Deputación

Por 11 Marzo, 2019Sin comentarios

O prazo para solicitar as axudas para deportistas individuais da Deputación xa se atopa aberto logo da publicación das bases no BOP onte, sábado. Este ano as axudas suman un total de 85.500 euros, e todos os deportistas federados interesados teñen ata o luns 1 de abril para solicitalas. Toda a información e requisitos, así como a documentación necesaria atópase na páxina web da Deputación www.deputacionlugo.gal.

Nas bases deste ano establécese un aumento das bolsas dun 20% ata chegar as 185, a   contía das axudas vai desde os 300 euros aos 1.500 euros. Na súa concesión, teranse en conta aspectos como os resultados acadados en competicións internacionais, estatais, galegas e provinciais, así mesmo valóranse a integración grazas as bolsas dedicadas integramente a deportistas con capacidades diferentes.

O prazo para a solicitude de axudas a entidades deportivas tamén continúa aberto ata o día 15 de marzo. Contan cun orzamento de medio millón de euros, divididos entre os 415.000 euros para axudar aos clubs a sufragar os gastos derivados da actividade competitiva da temporada, e 85.000 para a organización de eventos deportivos nos concellos da provincia.

O importe mínimo das axudas á actividade competitiva será de 300 euros e o máximo de 4.000, mentres que na liña de axudas á organización de eventos a cantidade mínima a percibir será de 300 euros e a máxima de 2.000 euros.