Abre o prazo de inscrición para a Casa Niño A Croa

A Casa Niño A Croa, situada no centro da vila, abriu esta semana o prazo de preinscirción de matrícula para o vindeiro curso. Dito prazo permanecerá aberto ata o 4 de abril e para poder facer a reserva pode contactarse co centro a través de facebook ou no propio edificio, situado na praza das Rodrigas, nos baixos da Casa Consistorial.

A Casa Niño A Croa é un espazo educativo de atención á infancia dirixido a nenos con idades comprendidas entre os 3 meses e os 3 anos, mediante o cal se facilita a conciliación entre a vida persoal, familiar e laboral.Comprende a atención específica das necesidades básicas de alimentación, hixiene e descanso de acordo coas idades dos pequenos e a contribución ao seu desenvolvemento físico, motor, afectivo, intelectual e social.

Ten un máximo de cinco prazas co obxectivo de que os pequenos poidan desfrutar dun espazo máis familiar e dunha atención máis individualizada.

É un proxecto con carácter gratuíto na modalidade de atención diurna de luns a venres.

A Casa Niño abriu as súas portas no mes de marzo do ano pasado, nas instalacións da antiga biblioteca, e cubriu a totalidade das prazas no seu primeiro ano. A súa necesidade fíxose imperiosa ao non ter o Concello un lugar para o coidado dos pequenos xa que tampouco ten o número necesario de nenos para unha gardería.

Etiquetas