Skip to main content
Actualidade

Xosé Ferreiro será o candidato do BNG á Alcaldía de Outeiro de Rei

Por 13 Marzo, 2019Sin comentarios


O BNG presentou ao candidato á Alcaldía no concello de Outeiro de Rei. O actual voceiro do BNG na corporación, Xosé Ferreiro, será a persoa que encabece a lista do BNG para as eleccións municipais de maio. Ferreiro afirmou “temos un equipo para gobernar, formado por persoas de recoñecida solvencia e integridade” e engadiu “Outeiro de Rei precisa proxectos novos e ilusionantes para converterse nun polo de atracción para que xente nova veña a vivir no noso concello.
 

Dende o BNG estase traballando para aportar ao concello un cambio responsable “que remate co caciquismo deste goberno” e argumentouse que “Outeiro de Rei precisa das políticas do BNG para levalo a cabo”. “Estamos recibindo mostras de apoio por que se percibe ao BNG como unha forza renovada, en claro ascenso, cun proxecto para Outeiro e para Galiza e temos o respaldo de moitos anos de traballo serio e rigoroso” dixo Xosé Ferreiro. 

O candidato á Alcaldía, con ampla experiencia na vida municipal afirmou “imos a por todas por que estamos convencidos de que é o momento de darlle un cambio á política deste concello que provoque o aumento da autoestima das nosas veciñas e veciños”. Ferreiro sostivo que “a presenza do BNG na corporación municipal foi fundamental por todo o traballo feito nestes mandatos pasados”.