Skip to main content
ActualidadeVilalba

A parroquia vilalbesa de Corbelle festexa o San Xosé

Por 15 Marzo, 2019Sin comentarios

A parroquia vilalbesa de Corbelle celebra esta fin de semana as súas festas patronais na honra de San Xose.

As actividades darán comezo ás 13.30 horas coa celebración da misa solemne, seguida da procesión. Antes do xantar haberá sesión vermú, a cargo do dúo Explosión.

Xa pola noite, ás 21.00 horas, terá lugar unha degustación gratuíta de callos para todos os asistentes, antes do comezo da verbena, na que volverá actuar o dúo Explosión. Tamén destaca a actuación especial de O Chylava, o gañador de Recantos 2018 da TVG para rematar a noite coa orquestra Olympus.

O domingo volverá a haber misa e procesión á mesma hora e a sesión vermú volverá estar a cargo de Explosión, que porán o punto e final á ceelbración da festa.

A organización lembra que o campo da festa estará cuberto cunha carpa.