Investigan a un veciño de Vilalba por un suposto delito de estafa

A Garda Civil investiva a un veciño de Vilalba de 20 anos de idade como suposto autor dun delito de estafa por internet. A investigación inicouse a petición da presunta vítima, no mes de setembro do pasado ano na provincia de Pontevedra.

Segundo relatan os feitos, efectuáronse cargos non autorizados na súa conta bancaria do veciño de Pontevedra, entre os que se atopan dúas transferencias por importe de 8.800 euros. A investigación dos feitos deucomo resultado a localización deste veciño de Vilalba como presunto autor dos feitos.

Etiquetas