Skip to main content
ActualidadeVilalba

O festival solidario de Mans Unidas volve a recadar fondos en Vilalba o sábado

Por 17 Marzo, 2019Sin comentarios

A comarcal de Mans Unidas de Vilalba organiza un festival solidario para recadar fondos para un proxecto en Kataboi, Turkana, ao noroeste de Kenya que As Hermanas Misioneras de Cristo Crucificado solicitan para mellorar a nutrición infantil e empoderamento das mulleres. A situación da muller é extrema. Ao tratarse dunha sociedade patriarcal, é frecuente o maltrato e os matrimonios de conveniencia.

Estas misioneiras contan xa cunha horta comunitaria onde producen froitas, verduras e legumes para as garderías da zona. Pero queren aumentar a produción e así para poder axudar a máis xente. Para isto precisan dispoñer dunha traída de auga e poder almacenala para as épocas de seca para elo necesitan construír: dúas cisternas, dous tanques, un sistema para filtrar a auga e unha placa solar. Este proxecto inclúe tamén formar ás mulleres en técnicas agrícolas. O importe total ascende a 47.137,00 Euros. O proxecto beneficia de forma directa a 523 nenos e a 15 mulleres. Indirectamente veríanse beneficiadas 1.232 persoas.

Os beneficiarios viven en condicións de extrema pobreza. As tarefas domésticas e a busca de auga corre á conta das nenas e das  súas nais e os nenos alindan o pouco gando que teñen. A todo isto hai que engadir a carencia de servizos e unha baixa escolarización.

Dito festival solidario terá lugar o sábado, 23 de marzo ás 20:00 horas, no Auditorio Municipal Carmen Estévez de Vilalba e estará presentado por Mª Xosé Lamas.

O prezo da entrada é  de 5 euros e terá como artistas colaboradores aos Jin Tony’s Son, que interpretan versións dos mellores temas de rock, pop, blúes e jazz co único obxectivo de divertírense e de divertir a quen asista aos seus concertos; Estrella Naseiro e Carmen Gómez Mato, dúas artistas plásticas que deu a nosa Terra Cha, de todos e todas coñecidas pola súa pintura levada a importantes exposicións; Toxos e Froles, tiveron a súa orixe no seo da orquestra de punteo Airiños da miña terra de Ferrol en 1907.

No acto colaboran tamén o Concello de Vilalba,  a imprenta Junor, a Carnicería Generosa, Representaciones Cabarcos,  Xamóns e Embutidos Elote, Panadería Iglesias, Panadería Martiñán, Tahona Currás, Queserías Entrepinares, Dispravia S.L. e Estrella Galicia.