Skip to main content
ActualidadeVilalba

Bos resultados para dous loitadores vilalbeses no campionato de España cadete

Por 18 Marzo, 2019Sin comentarios

Nesta ocasión os cadetes Rubén Fraga Cal e Samuel García Miragaya desputaron os Campionatos de España da categoría cadete que se celebraron en Torre del Campo, Xaén. Rubén competiu en menos de 71 kg acadando o bronce tras unha gran xornada na que venceu todos os seus enfrontamentos ata que se cruzou co loitador madrileño Gabriel Iglesias, que acabou por dominar a categoría.

Samuel loitou en menos de 61 kg, e malia comezar gañando os dous primeiros enfrontamentos non puido chegar á final ao perder co andaluz Ferrusola, á postre campión, mandando ao vilalbés á repesca na loita polos bronces. Xa no combate na loita polo terceiro lugar Samuel cedeu o posto no podio nun axustado combate ante o madrileño Javier Doblas, tendo que conformarse cun 5º posto moi meritorio pois o vilalbés é aínda cadete de primeiro ano.