Skip to main content
ActualidadeCospeito

O veciño máis lonxevo e o máis novo inaugurarán a Moexmu

Por 18 Marzo, 2019Sin comentarios

A comisión organizadora da XXXV edición da Mostra Exposición de Muimenta – MOEXMU, continúa coas súas reunións de traballo encamiñadas á celebración que terá lugar entre o vindeiro venres 5 e domingo 7 de abril do 2.019. As edicións a celebrar son XXXV edición da Mostra Exposición de Muimenta – Moexmu, XXXIII Concurso de Gando Frisón, XXXIII Exposición da Gando de Raza Rubia Galega e a XXIII Poxa de Gando Selecto.

Neste ano, de celebración redonda, a do trinta e cinco edición, a comisión organizadora, decidiu, que os inauguradores deste ano sexas o veciño de maior idade da parroquia que é Benjamín Parga Álvarez nado en Muimenta en 1.923 e o veciño máis novo de Muimenta Ahmed Taleb Folgueira nado en Muimenta neste mesmo ano.

Con esta decisión, a comisión da MOEXMU quere, ao igual que fixo a autora do cartel desta edición, unir a experiencia dos veciños da parroquia representados por Benjamín de Parga, o de maior idade, que naceu e viviu toda a súa vida en Muimenta, e que nas décadas dos setenta e oitenta foi membro da Xunta Rectora do Monte Veciñal de Muimenta; co futuro, non solo do pobo, senón do rural galego, representado polo veciño de menor idade Ahmed.