Skip to main content
Actualidade

Está aberto o prazo de inscrición na Escola Infantil de Outeiro de Rei

Por 19 Marzo, 2019Sin comentarios

A partir do día 15 de marzo e ata o 30 de abril , ambas datas incluídas, estará aberto o prazo de solicitudes de admisión para o curso escolar 2019/2020 na Escola Infantil Municipal de Outeiro de Rei.

Durante este período de tempo os pais ou titores dos nenos que estean na actualidade matriculados no Centro deberán presentar a solicitude de reserva de praza, no caso de querer continuar na escola infantil no próximo curso.

Paralelamente, os pais ou titores de nenos que desexen acceder a este servizo no próximo curso escolar deberán presentar solicitude de inscrición.

Para ambos supostos hai modelos normalizados que poden obterse na escola infantil, no Concello de Outeiro de Rei e a través desta web municipal accédese aos impresos ou premendo no banner que aparece na pantalla de inicio destinado á Escola Infantil Municipal.