Skip to main content
ActualidadeBegonte

Baamonde acolle unha nova edición do Torneo Terra Chá de ximnasia rítmica

Por 20 Marzo, 2019Sin comentarios

O Pavillón de Begonte acollerá o sábado 30 de marzo unha nova edición do Torneo Terra Chá de ximnasia rítmica no que participarán clubs de toda a comarca. De feito, confirmaron a súa presencia as escolas municipais de Vilalba e Xove, a escola Porta Norte, Club Violeta, Cluib Xirandela, Club Becerreá, Club Quicela, Club Filigrana, Club Ximnasia Viveiro, Escola Quicela e a Asociación Deportiva Aixa.

Este torneo está organizado, como todos os anos, polo Club Violeta, en colaboración co Concello de Begonte.

O torneo dividirase en dous grupos, o nivel de C e B será pola mañá, a partir das 11.30 horas, e o nivel A e individuais será a partir das 16.30 horas.