Skip to main content
ActualidadeCospeitoGuitiriz

Os Vilares visitará Caldaloba para unha exposición fotográfica

Por 20 Marzo, 2019Sin comentarios

O próximo sábado 23 de marzo ás 18:00 da tarde o local social da Asociación de Veciños de San Martiño de Pino, en Caldaloba, Cospeito, acollerá a inauguración da exposición fotográfica VilarEXPO, de Luís de Fabete sobre a natureza e o patrimonio dos Vilares e a proxección do exitoso documental Entrar aos Vilares, de Cibrán Tenreiro.

Despois da Primeira toma cultural de Caldaloba celebrada no pasado mes de setembro, Lareira de soños e a asociación veciñal de Pino celebran unha segunda colaboración entre entidades do rural chairego. As 33 fotos a cor de 50×70 cms. de VilarEXPO permanecerán un mes no local para que podan ser visionadas polos veciños.

O documental servirá para complementar a inauguración e ao remate da proxección terá lugar un coloquio entre os autores da das fotografías e do filme cos asistentes ao acto. Entrar aos Vilares será proxectado o día 28 no Campus da UDC en Canido-Ferrol nas xornadas do Master avanzado de bibliotecas, arquivos e museos adicado aos Frescos dos Vilares. A comenzos de abril, o noso documental participará tamén na Mostra de cine galego de Begonte, organizada pola Asociación Castiñeiro Milenário.