Vilalba celebra o xoves o Día da Poesía

O xoves 21 de marzo de 2019, ás 20:00 horas, terá lugar na Casa da Cultura de Vilalba un recitado de poemas con motivo da celebración do Día da Poesía.

Todas as persoas que o desexen, poderán achegarse a recitar poemas de creación propia ou doutros autores (temática libre). Para iso, é preciso inscribirse na Casa da Cultura ou nos Centros Educativos de Vilalba ata o martes 19 de marzo.

Etiquetas