Manuel Lourenzo realizará na Casa Museo de Manuel María un espectáculo

A Casa-Museo Manuel María programa para este sábado, día 23, ás 18 horas, en relación co Día Mundial da Poesía que se celebra este xoves, O vento nas brasas, un espectáculo que dirixe e interpreta Manuel Lourenzo, e que preparou para esta ocasión o prestixioso dramaturgo do Valadouro.

Lourenzo recitará e interpretará durante cincuenta minutos, textos poéticos e teatrais de Rosalía, Pondal, Curros, Otero Pedraio, Cunqueiro, Manuel María…

A entrada é libre e as persoas interesadas en asistiren poden reservar en contacto@casamuseomanuelmaria.gal ou no tel. 698177621

Etiquetas