O sábado abre en Muimenta o Museo das Zocas

A asociación Xotramu de Muimenta abrirá o 23 de marzo o Museo da Zocas, un proxecto no que leva traballando nos últimos tempo e que estará ubicado no pórtico da igrexa vella de Muimenta.

O Museo das zocas acollerá unha exposición de distintos modelos do tradicional calzado de madeira, así como as ferramentas imprescindibles para a súa fabricación. Entre outras das curiosidades deste novo espazo expositivo figura un carro cargado de bidueira, lembrado así a madeira utilizada como materia prima.

Muimenta ten unha gran tradición zoqueira e de feito chegaron a ser uns 50 artesanos os que traballaban nesta vila.

Xotramu está pendiente de completar a recollida de pezas na que están a colaborar veciños e todo aquel que queira, A deputación foi un dos entes que procedeu ao financiamento desta idea.

A inauguración do Museo das Zocas terá lugar ás 18.000 horas .

Etiquetas