Begonte celebra o día 6 a Festa da Xuventude

O Concello de Begonte celebrará o día 6 de abril a Festa da Xuventude, unha celebración na que se busca ofrecer unha alternativa de ocio á xente moza do Concello.

A festa, que terá lugar en sábado na praza do Concello, contará coa actuación do Grupo Cañón e de La Fórmula, orientados á música dos máis novos.

A festa arrincará ás 21.00 horas cunha churrascada popular.

Etiquetas