Meira celebrará o novo obradoiro de poda o día 6 de abril

O Concello de Meira organizou un novo obradoiro de Poda para o sábado 6 de abril, que terá lugar entre as 10.00 e as 14.00 horas e de 16. a 20 horas. Este obradoiro substitúe ao previsto para o 23 de marzo.

Neste caso o obradoiro avanzado de poda tratará especies que non se viron nos outros obradoiros, así coma árbores decorativas e de xardín (tuias, olivas, camelias, magnolios, etc) e afondarase na poda que xa ciron noutros cursso para sacarlle o máximo proveito.

Engadirán tamén a parte de xardinería posto que algunhas desas árbores son usadas en xardíns ou con motivos estéticos, e de paso comezarán a aprender como sacarlle proveito ao xardín, ideas novas, propostas decorativas e funcionáis, etc.

O prazo de inscrición estará aberto ata o xoves 4 de marzo. Cubriranse as prazas por orde de inscrición ata completar aforo (20 prazas) na Oficina de Turismo de Meira, no Tfno: 618.679.632, por mail a: turismo@concellodemeira.com ou por mensaxe privada no Facebook Turismo de Meira.

Etiquetas