Muras acolle o 31 de marzo a II Quedada BTT

O Club Ciclista Terra Chá organiza este 31 de marzo, domingo, a segunda edición da Quedada BTT de Muras, unha proba que constará de 30 quilómetros con 1.200 metros de desniver positivo.

O percorrido realizarase pola contorna e hai un máximo de 75 prazas para esta actividade. Os interesados en anotarse deben facelo o antes posible. Ten un prezo de 6 euros, que subirá a 18 para aqueles que queiran particpar no xantar.

As inscricións deben facerse na web www.galitiming.com

Etiquetas