Skip to main content
ActualidadeCospeito

O Muimenta SD logra o ascenso a Segunda unha xornada antes do final da Liga

Por 26 Marzo, 2019Sin comentarios

O Muimenta rematou a fin de semana como equipo de Segunda Autonómica tras conseguir o ascenso directo á seguinte categoría unha xornada antes do final da Liga. O Muimenta pasa finalmente como líder do grupo trala vitoria sobre o Fonsagrada no seu campo tras un partido tranquilo no que os locais foron claros vencedores. O primeiro tanto local chegaría no minuto 40 e non asegurarían a vitoria ata o 68.

Con esta vitoria e a falta dun partido o Muimenta recupera a mala xeira da que adoleceu nas últimas xornadas e volve ao liderado. O empate do Alfoz na casa con correúdo Celta Barreiros foi o responsable do cambio de liderado malia que o equipo da Mariña tamén rematou a xornada como equipo de Segunda.

A falta dunha xornada, outros dous equipos da comarca do grupo Norte de Terceira loitarán nos play off por un novo asento en Segunda. Castro Roldas e Matela xa teñen asegurada a súa praza para a competición e loitarán xunto ao Milagrosa. O cuarto candidato está aínda sen decidir pero será ou o Celta Barreiros ou o Fonsagrada.