O restaurante La Casilla gañou o certame de tapas de Guitiriz

O restaurante La Casilla coa súa proposta Vieira en sopa de mar foi o gañador do sétimo concurso de tapas Que Bo Estás Guitiriz!, no que participaron do 7 ao 17 deste mes de marzo un total de 14 locais de hostalaría, espallados por Guitiriz, Parga e Os Vilares. Este prato conseguiu a mellor valoración por parte do público, situándose no máis alto dun podio que completaron o bar Recreo de Parga con Variante xa!!! e Casa Guinea dos Vilares con Se non hai lomo… de todo como.

A asociación de hostaleiros De Bares, que organiza o concurso coa colaboración do Concello, Fotografía Kantero, Automóviles Losada, Estrella Galicia e Coto Mayor, indicou que se prepararon arredor de 18.000 tapas nos once días que durou o certame.

Como todos os anos, a convocatoria ten unha vertente solidaria, ao doarse cinco céntimos de cada tapa servida, ademais de doazóns que poidan facer os clientes a maiores, a unha causa benéfica. Nesta ocasión, De Bares dediciu apoiar aos equipos de fútbol local, polo que o 25% dos 960 euros recadados irán a parar as arcas do Parga de veteranos e os resto será para axudar á SD Guitiriz, que conta con tres equipos.

Etiquetas