Muimenta celebra o día 30 a festa da Xuventude

A localidade de Muimenta acolle o día 30 de marzo a segunda edición da Festa da Xuventude que contará con dúas sesións, unha ao mediodía e outra a noite.

Así, a primeira sesión comezará ás 14.00 horas cunha sesión vermú a cargo da orquestra Escaparate. Esta mesma orquestra será a encargada da verbena, á que se sumará o discomóvil Eventec e o músico Cosmedeejay. Para todos os que o desexen haberá menú especial servido polo restaurante Anllo que terá un prezo e 20 euros para a comida e de outros 20 para os da cea.

Etiquetas