O PSOE faise eco do malestar veciñal pola poda das árbores na praza de Muimenta

O PSOE de Muimenta, que preside Rosa Morán manifestou o descontento dos veciños de Muimenta pola poda realizada polo Concello nos carballos da praza Maior, poda que calificou de “indiscriminada”.

A voceira socialista indicou que se trata de árobres que teñen moitos anos e durante o verán son os encargados de dar sombra á zona e ao parque infantil, “e con esta acción deixaron a praza sen sombra para o verán”, indicou.

Morán explicou que cando se fixo a remodelación da praza boutouse cemento e algunhas das árbores secaron quitando explendor á praza. “E agora, en lugar de facer a poda con coidado, fana fóra de época, cortando brotes, e impedindo o seu cremento de cara ao verán”, explicou.

A socialista queixouse do pouco coidado feito nesta acción e de ter “pouco coidado coas cousas que son patrinonio de todos”.

Etiquetas