O Concello de Riotorto organiza unha charla sobre seguridade dos maiores

O Concello de Riortorto organiza unha charla informativa dirixida ás persoas maiores para orientalos a protexerse ante timos, roubos, maltratos e outras dúbidas de seguridade que podan ter.

A charla terá lugar o mércores 3 de abril no Centro Sociocultural a partir das 17.00 horas. Malia estar enfocado ás persoas maiores poden acudir todos os veciños que o desexen. A charla estará a cargo dun experto da Dirección Xeral de Garda Civil.

Etiquetas