O Concello de Castro pon en marcha as cámaras de videovixilancia do parque empresarial

O Concello de Castro ven de poñer en marcha 14 cámaras de videovixilancia do parque empresarial de Castro Ribeiras de Lea, instaladas no pasado mes de setembro cun orzamento total de 27.000 euros cunha achega da consellería de economía e industria.

Mediante a resolución notificada o día 14 de marzo, o delegado do goberno en Galicia autorizou a posta en marcha das 14 videocámaras fixas instaladas no parque empresarial de Castro, que funcionarán dende ás 20:00 horas ata ás 8:00 horas, tal e como se solicitara por parte do Concello para garanter a seguridade dentro do recinto industrial.

Trátase de once cámaras tipo IP con grabación día e noite, 3 cámaras lectoras de matrícula, un disco duro para o sistema de grabación de imaxes e datos e a instalación dos armarios onde se gardará o cableado e o disco duro.

Básicamente, son cámaras de control de tráfico e están ubicadas na entrada e saída do propio polígono co obxetivo de aumentar a seguridade das empresas, xa que aínda que están previstas para o tráfico farán un efecto disuasorio para evitar roubos.

As grabacións deberán ser destruídas dentro do prazo dun mes dende a súa obtención, salvo nos supostos nos que estean relacionadas con asuntos de carácter penal, e en todo caso só terán acceso ás mesmas os responsables das forzas e corpos de seguridade dos estado.

Dende o Concello estan moi satisfeitos polo escaso tempo transcorrido entre a petición de autorización e a resolución que autoriza a posta en marcha das videocámaras, que sen dúbida permitirá incrementar a seguridade de todo o parque empresarial, algo que sempre foi demandado por empresarios que sufriron roubos nas súas instalacións.

Esta iniciativa está apoiada pola asociación de empresarios do polígono, que din que “tanto son boas para regular o tráfico como para aumentar a seguridade. Polo menos agora terano máis complicado”.

O último roubo no polígono foi no 2016 na nave multiusos que ten o propio Concello da que os cacos levaron un todoterreo e maquinaria municipal.

No polígono de Castro existen case 30 empresas de diferentes sectores, e xa non quedan parcelas libres, por iso, dende a asociación de empresarios do polígono insisten na ampliación, que podería sumar 4,5 hectáreas que farían un total de 22 novas parcelas.

Etiquetas