Skip to main content
ActualidadeMuras

Muras remodelará a piscina da Veiga antes do verán

Por 1 Abril, 2019Sin comentarios

O Concello de Muras vai rehabilitar completamente o estado da piscina municipal ubicada na área recreativa da Veiga. No que amañará o vaso de adultos facendo unha impermeabilización do mesmo, porán un novo acabado de baldosas cerámicas e mellorarán os sistemas de depuración de augas.

Na zona infantil farán un vaso novo de 8 metros de diametro e 50 cm de profundidade que comunicará co máis pequeno que ten 4 metros de diametro e 30 cm de profundidade, ademais de colocar barandillas para a seguridade dos máis cativos. Para esta obra o goberno municipal destina 110.000 euros e ten un prazo de execución de dous meses co cal estará aberta para o seu desfrute no verán.

“Todo está enmarcado na mellora e posta en valor da área recreativa da Veiga, e ademais pecharemos con peche vexetal para facer un espazo un pouco máis recollido” di o alcalde, Manuel Requeijo.

“Estamos  potenciando a zona, é dicir, a piscina, as rutas de sendeirismo que parten da área e o bar restaurante O Peregrino que se vai adxudicar a súa xestión nos próximos días. A idea é crear un espazo de dinamización do Concello a partir de todo esto”, engade o rexidor.