As obras da avenida Lope de Vega rematarán no prazo dun mes

Tal e como anunciou o alcalde de Rábade, Francisco Fernández Montes, marcha a bo ritmo as obras que se están realizando na rúa Lope de Vega, no tramo que une o Concello coa avenida de Vilalba. Segundo as estimacións, a obra podería estar finalizada no prazo dun mes. Dentro desta mesma previsión está o aglomerado da rúa Rosalía de Castro entre o campo da feira e tamén a avenida de Galica, obra que se realizará nos próximos días.

Nesta obra, que ten un orzamento de 80.000 euros, estase a realizar a pavimentación e ampliación de beirarrúas para pasar a ser unidireccional. Esta reparación realízase con cargo aos plans de estradas da Deputación Provincial.

OBRADOIRO DE EMPREGO

A parte de Revestimentos con pezas ríxidas por adherencia en construción do obradoiro de emprego Cumes da Terra Chá III iniciará nos próximos días a construción dunha praza diante do colexio. Nesta obra traballarán os dez alumnos do ciclo (6 en Begonte e 4 en Rábade).

Ademais, e con cargo ao Plan Único farase tamén un aparcamento diante tamén do coelxio e ao lado da N-VI.

 

Etiquetas