Skip to main content
ActualidadeFriol TERRACHÁXA

O Concello destinará 300.000 euros do Plan Único á mellora das estradas municipais

Por 2 Abril, 2019Sin comentarios

O Concello de Friol ten previsto destinar unha parte importante dos cartos procedentes do Plan Único ao acondicionamento de varias pistas municipais en diferentes parroquias do municipio.

Debido á gran extensión do municipio e á numerosa cantidade de quilómetros de pistas e estradas que comunican o mesmo, desde o equipo de Goberno do Concello de Friol apostan “por seguir investindo na mellora dos seus viarios, xa que debido ás condicións meteorolóxicas adversas que se dan con frecuencia, o tránsito diario e o paso do tempo fan dano ao estado das vías”.

Este investimento está dividido en dous proxectos de execución, así nesta ocasión, parte do Plan Provincial Único de colaboración cos concellos está destinado á pavimentación de diferentes vías e accesos nas súas parroquias, actuarase nuns 28 km da rede viaria municipal, nesta ocasión en accesos da parroquia de Ramelle, na Rocha, no núcleo do Vilar, parroquia de Xiá, en Fonte do Can, Condes, Lagouzos, parroquia de Cotá, no Mozón e Quintiá, pertencentes á parroquia de Ousá, en Pradeda, Lea. Tamén se pavimentarán acceos na Fraga, Toxo, as Pozas, e en Prado de Abaixo. No núcleo de Lamas repavimentarase a totalidade dos accesos existentes e nas Pardellas.

O rexedor friolense manifesta que o POS é un plan vital para o noso concello, pois temos comunicadas por diferentes estradas 32 parroquias polo que investir na súa mellora supón beneficiar a calidade de vida dos nosos veciños”, así pois, neste plan invístense en total uns 300.000 euros cos que se pretenden sanear e repavimentar os viarios que comunican parroquias entre si, “pois debido ás condicións meteorolóxicas adversas e outras factores secundarios vanse deteriorando”.

Dende o equipo de Goberno “continúase cos esforzos necesarios para tratar de manter e mellorar os accesos no rural do municipio, algo primordial para mellorar o nivel de vida dos veciños e que iso repercuta na rendibilidade das explotacións asentadas no mesmo”. Nestes momentos están a levarse a cabo numerosas actuacións de pavimentación nos viarios do rural, que desde o punto de vista do rexedor friolés, José A. Santos “son imprescindibles para a vida diaria dos nosos veciños, xa que no rural o uso do vehículo é fundamental para o traballo e para acudir ao centro urbano, polo que ter as pistas transitables é un dos nosos obxetivos principais. Sendo conscientes dos quilómetros de pistas que comunican ou noso Concello continuaremos tentando chegar as máximas posibles”.