Rexistrado un novo incendio na parroquia do Burgo, de Muras

O incendio rexistrado no concello de Muras, parroquia do Burgo, comezou esta madrugada ás 2,21 h. e permanece activo arestora. Segundo as primeiras estimacións, a superficie afectada é dunhas 20 hectáreas. Esta medición é provisional ata que, unha vez rematado o lume, se parametrice a superficie final afectada. No seu control participan 1 técnico, 2 axentes, 11 brigadas, 2 motobombas e 1 pa.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.

Etiquetas