Skip to main content
ActualidadeMuras

Extinguido o incendio na parroquia do Burgo, en Muras

Por 3 Abril, 2019Sin comentarios

O incendio rexistrado no concello lugués de Muras, parroquia do Burgo, quedou extinguido ás 19,47 h. de onte, tras comezar ás 2,21 h. da madrugada. Segundo as últimas estimacións, a superficie afectada é de 25 hectáreas de monte raso. Na súa extinción traballaron 2 técnicos, 6 axentes, 16 brigadas, 5 motobombas, 1 pa e 1 helicóptero.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.