O Concello de Begonte remata as obras de aglomerado en tres parroquias

O Concello de Begonte vén de rematar as obras de aglomerado de vías municipais nas parroquias de Trobo, Felmil e Saavedra. Estas obras corresponden ao Plan Único do ano pasado e poñen fin ao final do orzamento para este capítulo, así como tamén remataron as obras que quedaban por executar do Plan de Camiños da Xunta.

Segundo indicou o alcalde da localidade, José Ulla, están a redactar o plan de obras que se incluirán no Plan Único da Deputación Provincial e no que se se destinará unha partida, un ano máis, as obras de aglomerado. “Seguimos co  compromiso de cambiar toda a rede viaria a aglomerado en quente e seguirmos a facelo durante este ano”, indicou Ulla.

Etiquetas