Skip to main content
ActualidadePol TERRACHÁXA

Pol acollerá o 7 de abril unha nova edición do encontro astur-galaico de sendeirismo

Por 4 Abril, 2019Sin comentarios

A Carballeira de Mosteiro acollerá o día 7 de abril a novena edición do encontro Astur-Galaico de sendeirismo que organizan nesta ocasión o grupo Roteiros de Pol xunto ao Concello.

Esta cita anual reúne nunha actividade conxunta a asociacións galegas e asturianas cuia finalidade principal é participar en diferentes rutas de sendeirismo percorrendo as dúas comunidades autónomas.

Nesta ocasión, o encontro terá lugar en Pol onde farán dúas rutas por varios puntos do termo municipal dende Rioxoán ao límite con Ribeira de Piquín. As rutas terán lugar a partir das 10.00 horas e ten previsto o final sobre as 14.00 horas. Media hora máis tarde terá lugar o xantar, que se celebrará nunha carpa situada na Carballeira de Mosteiro. Ao remate do mesmo haberá unha actuación musical.