Skip to main content
ActualidadeBegonte

Castiñeiro Milenario organiza o I Ciclo de Cine galego

Por 5 Abril, 2019Sin comentarios

A Asocicación Castiñeiro Milerario de Begonte vén de organizar o I Ciclo de Cine Galego que contará coa proxeccións de catro filmes de temática variada e de forte implicación social.

Cine no que poderemos ver como eran aqueles mariñeiros que embarcaban e levaban a nosa música tradicional polos confíns do mundo; como un caso de corrupción e de explotación feminina fai tremer toda unha sociedade como a lucense co Caso carioca, tan de actualidade estes días; como uns mozos chegan a unha pequena parroquia galega para intentar coñecer a súa profunda idiosincracia e para rematar, poder coñecer ao gran Camilo de Dios, unha personaxe loitadora pola libertade e a memoria histórica.

O ciclo, que comezou na Casa do Pobo de Castro o 9 de marzo coa proxección Dos Gaiteiros do mar, trasladarase á Casa da Cultura de Begonte o 13 de abril coa proxección de Benvidas ao Club de Carmen Granxeiro. O día 4 de maio será a vez de Entrar aos Vilares de Cibrán Tenreiro, e Camilo, o último guerrilleiro de Alba Sánchez, porá o punto final ao ciclo o 25 de maio. As proxeccións serán ás 19.00 horas.