Skip to main content
ActualidadeMuras

Muras rehabilitará a ponte orixinal de Bermuz

Por 5 Abril, 2019Sin comentarios

Trinta anos despois da construción da Ponte Bermuz, a solución para que os veciños puideran cruzar o río Eume no lugar da Balsa, que une os municipios de Muras e Vilalba, acometerase finalmente a rehabilitación da ponte vella que hai no mesmo lugar.

Xa está pechado o prazo de licitación para a obra de rehabilitación da Ponte, unha construción do século XIX. Nos próximos días procederase a apertura dos sobres para a adxudicación da obra.

Despois de xuntazas dos alcaldes de Muras e Vilalba co presidente da Deputación para buscar unha solución para a Ponte Bermuz por fin “vaise levar a cabo e imos acabar con esta vergoña que foi un exemplo de despilfarro de cartos públicos no pasado”, di o alcalde Manuel Requeijo, admite que se trata “dunha rehabilitación moi esperada”.