Skip to main content
ActualidadeVilalba

A asociación de Árbol organiza unha viaxe ás Rías Baixas

Por 7 Abril, 2019Sin comentarios

A Asociación Cultural e Deportiva de Árbol organiza unha excursión ás Rías Baixas que terá lugar o 14 de abril para visitar a localidade de Combarro, O Grove e a illa da Toxa ademais de realizar unha viaxe en catamarán con degustacións de mexillóns incluída.

A saída desta actividade será ás 8.00 horas da mañá da igrexa de Árbol. Establécese tamén unha data límite para anotarse do 8 de abril. Os interesados en apuntarse deberán facelo a través dos teléfonos 655 582171 (Paula) e 617 626003 (Bea).