Skip to main content
ActualidadeAgro TERRACHÁXA

Os socialistas esixen mellorar o subministro eléctrico nas pemes agrogandeiras

Por 7 Abril, 2019Abril 22nd, 2019Sin comentarios

O portavoz de Industria e I+D do Grupo Socialista, Abel Losada Álvarez, reclamou o apoio do goberno galego á mellora do subministro eléctrico nas Pemes agrogandeiras. Losada presentou unha pregunta oral en Comisión para reclamarlle á Xunta a mellora das políticas de subministro enerxético destas empresas para paliar o seu custe.

O representante socialista acusou á Xunta de “deixar o problema en mans das eléctricas”, e sinalou a urxencia de “establecer políticas públicas en materia de subministro de enerxía equivalentes ás do sector privado para así poder situar este sector nun “horizonte económico de crecemento”. Subliñou a súa necesidade “para incentivar esta industria que necesita reducir os custes enerxéticos para poder investir en modernidade e así facilitar a actividade produtiva”.

Reclamoulle ao goberno galego que escoite ás emendas presentadas “durante anos” polo Grupo Socialista para mellorar os custes dos subministros enerxéticos ás agrogandeiras. Sinalou a necesidade dunha “actuación rápida” en prol de solucionar o problema demográfico da poboación, “a España valeira”.

Losada propuxo a elaboración dun protocolo ou mecanismo de actuación ante esta situación, xa que, non encontra suficientes as propostas do goberno de solucionar problema a problema de forma individual. Senón que introduce a necesidade de unha solución válida para toda a industria agrogandeira en materia de enerxía.