En maio abrirá o prazo de preinscrición para o PAI de Friol

O Concello de Friol abrirá o día 2 de maio o prazo de solicitude de praza para o Punto de Atención á Infancia (PAI) correspondente ao curso 2019/20.

Poderán presentar a súa solicitude todos os pais e nais de nenos nacidos ata o día 31/12/2016. O prazo establecido para tal acción será ata o 15 de maio. As solicitudes deberán presentarse entre as 1:00 e as 15:00 horas de luns a venres, nas oficinas municipais de Friol no axente de Desenvolvemento Local.

A documentación necesaria para presentar as solicitudes pódese descargar e consultar na páxina web do Concello.

Etiquetas