Skip to main content
Actualidade

Contacontos esta fin de semana na Casa Museo de Manuel María

Por 9 Abril, 2019Sin comentarios

Este sábado, 13 de abril, ás 18 horas, Soledad Felloza ofrecerá na Casa-Museo Manuel María o espectáculo de narración oral Bailar na nubes, dirixido para as rapaces entre 5 e 10 anos e ás súas familias.

A contadora e actriz narrará unha historia baseada no libro Vanina Starkoff, editado por Kalandraka, que trata dunha nena que soña con bailar coas nubes mais a súa casa está pegadiña á terra e moi lonxe do ceo. Só a axuda de novos veciños fará que o soño sexa unha realidade.

As persoas interesadas en asistiren poden reservar a súa entrada en contacto@casamuseomanuelmaria.gal. O prezo do billete é de 2 euros.